O grupo de música Folk Kérkennai
fórmase no ano 1999 na Baixa Limia Ourensá,
nun intento de canalizar as inquedanzas musicais de Pepe
Quintas e Sindo Otero, e servir
como impulsor no eido cultural Limián. Toma o seu nome
do asentamento Baixo Limián de Aquae Querquennae.
O grupo completase coa incorporación
de Felipe Rodicio, Lucía Rodríguez
e Pepa Rodríguez.

A sua música aporta como novidade
dentro do ambito folk que, partindo dunha referencia tradicional,
a meirande parte dos seus temas son de composición
propia, o que lle confire un carácter singular e achega
as chamadas novas musicas.
Comenzan a ofrecer concertos, primeiramente
pola xeografía ourensá, e despois por toda Galicia.
Entre estas primeiras actuacións, Kérkennai
disfruta especialmente actuando no Claustro Barroco do
Mosteiro de Celanova, dentro da sua participación
nos ciclos culturais organizados por dito concello, baixo
a denominación de Venres do Mosteiro.
En Maio de 2001, gravan unha maqueta nos
estudios da Radio Galega en Compostela, coa
que se dan a coñecer, tanto en medios radiofónicos
coma televisivos. Felipe Rodicio ten que
deixar o grupo , sendo sustituido por Carlos Campos.

En 2003, gravan o seu primeiro disco, editado
pola compañía Zouma Records, e titulado
Via Nova , en homenaxe a Vía Romana
que cruzaba a antigua Gallaecia ,
atravesando a Limia. Este primeiro disco,
que tivo unha magnifica acollida, foi presentado por Kérkennai
en diversas localidades galegas, ademais de noutras actuacions
en Andalucia, dentro dos ciclos culturais de cidades como
Cadíz ou Sanlucar de Barrameda.
No 2004, a promoción de Via
Nova, traspasa as nosas fronteiras e chega a Portugal,
realizando actuacións en localidades coma Montalegre
ou Ponte da Barca, sendo asi mesmo de destacar a levada a
cabo no Centro Galego de Lisboa, coincidindo coa
celebración da Eurocopa de Fútbol. Tra-la saida
de Lucia Rodríguez e Carlos
Campos, regresa Felipe Rodicio e
incorporase Juan Seara. No Veran de 2005,
ademais da súa participación en festivais folk
, son invitados a presentar a súa música en
Castela-León dentro da Fiesta Goyesca de Piedrahita
(Ávila).

A comenzos de 2007 gravan o seu segundo disco
, editado por Zouma Records, co titulo de Nas
Beiras de Lethes nome orixinario do rio Limia
, tamen coñecido como Rio do Esquecemento.
A finais dese ano, a música de Kérkennai
aparece como banda sonora da curtametraxe Esquencidas,
do realizador compostelan Luqui Mattews,
estreada no Auditorio de Galicia da capital compostelana.
A mediados de 2008 o realizador barcelones
J.O. Romero escolle a música de Kérkennai
para a banda sonora da curtametraxe Limia, el Río
del Olvido. Na primavera de 2009 Kérnennai
é escollido pola Sociedad de Artistas Intérpretes
y Ejecutantes (AIE), para participar no apartado de folk/novas
músicas dentro da programación de Artistas
en Ruta.
Kérkennai son :
Pepe Quintas: Baixo,voz
Sindo Otero: Guitarras acústica e
eléctrica, voz
Pepa Rodríguez: Clarinete, percusións
e voz
Felipe Rodicio: Violín, Viola
Juan Seara: Frauta travesera, whistles, Gaita
e voz
|