discografía
galego castellano

Sons para deixarse levar...

Vía Nova [2003]
   
01- No Ar
02- Andaina
03- Alalá de Lobeira
04- Titiritaina
05- Xabadella
06- A Carreira do Avelino
07- Nas Sendas da Lúa
08- Xativaite
09- Marcha Fugaz
10- Repicón
11- Limialba
 
     

No Val do Limia, o 'Lethes' da antiguedade ou Rio do Esquencemento, abriuse camiño entre os cumios que intentaban impedirlle o paso. É a caron das suas fértiles terras, onde se erixiu o asentamento Aquis Querquennis (Aquae Querquennae) e aínda hoxe os Quercus (Carballos) estan presentes ó seu redor.

De certo que a beleza, xunto coa situación de privilexio, cautivou a aqueles que tiveron que abrir a Via XVIII ou Vía Nova, unha nova vía que serviu para xunguir ós limiaos entre si e co resto do mundo.

     
Nas Beiras de Lethes [2007]
   

01- No Río do Esquecemento
02- Unha d´Herbas
03- Vía Nova
04- Deiquí a Alá
05- A Través do Tempo
06- Soños en Quercus
07- Na Telleira
08- Giga-lo
09- Rock & Folk
10- Volta da Feira

comprar  
 
     

Mirar ó pasado é enteder o presente. O pasado márcanos irremediablemente. Todo ten un sígnificado, de onde partimos para saber onde queremos chegar. É un Deiquí Alá paseniño, A Traves do Tempo.

Moitas Lúas xa pasaron dende que outros abriron a Vía Nova, pois é o anceio de novos soños e as utopías o que leva ó ser human a descubrir novos vieiros. Os daqueles e mai-los nosos flotan No Río do Esquecemento, e coma se de un Giga-lo se tratara, ofrecemos o mellor de nós mesmos, coa ledicia do que Volta da Feira, brindando con Unha d’ Herbas , coa ilusión da xavia nova, movéndonos a ritmo de Rock & Folk, ate acougar Na Telleira. Este traballo é un anaco de nós , representa un puñado de ilusións. Non son máis que uns Soños en Quercus …soñados e vividos . . . Nas Beiras de Lethes.

     
Alalá de Lobeira   Repicón
(Tradicional)   (Tradicional)
Letra : Tradicional / Pepe Quintas / Sindo Otero   Letra: Tradicional / Pepe Quintas
Quen me dera en Lobeira ,
Quen en Lobeira me dera ,
Quen me dera en Lobeira ,
Lobeiriña miña terra

Ai lalalelo , ai lalala

Tra-los camiños do Viso ,
Fermosura de Lobeira ,
Eu non podo deixar ,
De sentirme parte dela.

Ai lalalelo, ai lalala

  Boas noites boa xente
que nos vindes a escoitar
vouvos contar unha historia
que é pura realidá.

Tras do prado, na revolta
unha nena vin chorar
pregunteille o que tiña ,
E ela me empezou a contar

Tras do prado, na revolta
brincando co aquel rapaz
e da forza que me fixo
rompeume o delantal


Agora ó chegar a casa
miña nai vaime rifar
- non digas que foi no prado
brincando co aquel rapaz –

Miña nai , miña naiciña
eu rompin o delantal
foi que me prendeu a silva
Ó tempo que iba pasar

Maruxiña miña filla
non sei se me enganaras
non sei se o pico da silva
a tua perniña iría rascar

     
A Traves do Tempo   Volta da Feira
(Letra e Música: Sindo Otero)   (Letra: Tradicional, Música: Pepe Quintas)
Hai unha senda,
mirando para o Norte
Hai unha senda,
vieiro sen fin,
que nos guia
A traves do Tempo,
e danos azos
para poder seguir.

Dende o pasado,
ós nosos días
Dende outro tempo
ate eiqui
Maxico sempre,
Sempre presente
dende un,
ate outro confin.

É un camiño,
inzado de estrelas,
o que nunca
se esquecera
cheo de mitos,
contos e lendas
e que pola Limia
te levara

Sendeiro Nobre
danos a forza
o teu facho alumee
o noso porvir
que teñamos sempre
presente ,
de onde vimos,
e onde queremos ir.

Hai unha senda
mirando para o Norte
Hai unha senda
vieiro sen fin
que nos guia
A traves do Tempo
e danos azos
para poder seguir.

  Unha vez indo para a feira
Como sempre acostumbraba (bis)
Ai lalelo ai lale
Ai lalelo ai lala

Ia comprar uns bois
I esqueceuseme a aguillada (bis)
Ai lalelo ai lale
Ai lalelo ai lala

Volvin a casa por ela
Topei a cas pechada (bis)
Ai lalelo ai lale
Ai lalelo ai lala

Abreme a porta Maria
Abreme a porta malvada (bis)
Ai lalelo ai lale
Ai lalelo ai lala

Como che ei de abrir a porta (bis)
Si estou botando a colada
Ai lalelo ai lale
Ai lalelo ai lala

A colada que ti botas (bis)
É estar co cura na cama
Ai lalelo ai lale
Ai lalelo ai lala